Segunda convocatoria da Comisión de Publicacións da Rede RELEX

As solicitudes dirixiranse ao enderezo electrónico majo.dominguez@usc.es con anterioridade ás 14:00 horas do vindeiro 14 de marzo de 2018.

Criterios de selección das propostas

O proceso de selección das propostas levarano a cabo a Comisión de Publicacións e a Comisión Xestora, que valorarán, entre outros, os seguintes aspectos:

  1. A publicación debe estar inmersa no ámbito temático da rede.
  2. A orixinalidade, a actualidade da temática e o interese científico da proposta.
  3. O grao de elaboración da proposta. Entre outros aspectos:
    • Título
    • Resumo
    • Lingua da publicación
    • Editore/as
    • Autore/as
    • Orzamento total respecto do que se lle solicita a RELEX
    • Índice de contido da monografía
  4. A internacionalidade, a variedade de países e universidades, así como o prestixio do/as autore/as e da editorial.
  5. A participación de membros e grupos de RELEX.
  6. Publicación con revisión por pares.
  7. Contactos previos coa editorial.