Enquisa “Survey on the significance of lexicography and the career prospects of lexicographers”

A Comisión de Sustentabilidade do Mestrado Mundus en Lexicografía desenvolveu a enquisa “Survey on the significance of lexicography and the career prospects of lexicographers”. A enquisa atópase dispoñíbel na seguinte ligazón: https://www.soscisurvey.de/emlex/.

Esta enquisa vai dirixida a lexicógrafas e lexicógrafos que desenvolvan o seu traballo en universidades, centros de investigación, editoriais etc. e é precisa a participación de todas e todos para acadar datos significativos e representativos. A súa realización require moi pouquiño tempo.